martes, 5 de mayo de 2015

CONDUCE RÁPIDO. DIEGO AMEIXEIRAS








Na liña das novelas anteriores Diego Ameixeiras continua coa modernización do xénero negro dándolle as súas pinceladas persoais, baseadas na brevidade, logrando que cada frase teña a maior información posible cos mínimos recursos, quitando todo o accesorio e que non aporta nada. Crea así, un estilo moi directo e conciso, que obriga o lector a ler con calma dado que toda a información que nos aporta é vital  para entender a trama que nos relata. Estamos ante unha novela cunha estrutura moi ben argallada dende o comezo: todas as historias teñen relación entre elas, a veces son tan so pequenos roces sen chegar a tocarse.
A novela avanza fragmentada o longo de cinco días na que dous irmáns que viven, na cidade de Santiago de Compostela procuran saír dunha vida precaria e baleira. A oportunidade virá da man dun negocio ilegal e perigoso, unha vez  que se lles presenta esta  idea, como ven di o título da obra, Ameixeiras conduciramos a gran velocidade, sen acougo e con moita violencia ata o final da trama.
Non vemos intención moralizantes no texto pero si un atisbo de esperanza para os dous protagonistas principais, que aínda que están inmersos nun mundo de violencia e traizóns parece que o amor pode triunfar entre eles.




Diego Ameixeiras Novelle, naceu en Lausana (1976), é xornalista e escritor galego.
Traballou como guionista para varias series da TVG (Terra de Miranda, Matalobos...). Foi co-guionista das longametraxes "18 comidas" (Jorge Coira, 2010) e "La mujer del Eternauta" (Adán Aliaga, 2011).
Na actualidade, sen deixar de lado a creación literaria, colabora no suplemento "Culturas" de La Voz de Galicia.
Entre as súas obras temos:
- Baixo mínimos (2004).
- O cidadán do mes (2006).
- Tres segundos de memoria. Premio Xerais de Novela, (2006).
- Dime algo sucio (2009).
- Asasinato no Concello Nacional. Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do ano 2011.
-Todo OK (2012).
- Matarte lentamente (2013).
- Conduce rápido (2014).