martes, 31 de enero de 2017

De remate. Héctor Cajaraville



Resultado de imagen de portada libro de remate



De remate é un libro que recolle os artigos do columnista Bieito Sanmarful escritos durante os tres anos que traballou no periódico Lodaira, ata o momento do seu pasamento.
Aínda que a novela centrase nos derradeiros anos da vida do periodista, a historia non supón un drama, porque el afronta a enfermidade con moito valor, e ten marxe para poñer o día as cousas que lle quedan pendentes, e máis o lector termina cunha sorriso nos beizos. Isto é posible polo bo facer de Bieito Sanmarful que os artigos que escribe están repletos de humor, de dobres sentidos, de algo tan noso como esa retranca galega da que tanto se fala.
De remate é un libro peculiar, que entusiasma o lector, ten a frescura e o atrevemento dunha opera prima, comezando por una estrutura fragmentaria pero moi acertada que nos guía de maneira paralela pola vida  laboral de Bieito, a través das columnas de opinión de temática moi variada; aunque destacan as relacionadas coa lingüística, tema que tamén lle apaixona o propio Cajaraville, e pola vida persoal de Bieito, que queda recollida nas anotacións do seu diario persoal o final de cada columna de opinión, estas notas, tamén se complematan, con outros materiais de diversa procedencia como correos electrónicos, poemas, documentos oficiais...é o mesmo tempo, unha obra audaz que expresa o malestar do noso tempo a través dun xeito peculiar de narrar.





Resultado de imagen de foto hector cajaraville



Héctor Cajaraville naceu en Santiago de Compostela en 1974. Estudou Xornalismo e desenvolveu a súa labor profesional como responsable de prensa en varias entidades e institucións como o Concello de Santiago ou a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, e tamén como redactor nos diarios " La voz de Galicia" ou na publicación xa desaparecida "De Luns a Venres". Nos últimos anos a súa labor profesional vai maís encamiñada cara o mundo da creación literaria; en 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, "De remate", e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con "Quen dá a Quenda?" e nese mesmo ano a súa obra "A caixiña dos rancores (Vidas Cruzadas)" recibiu o Premio Raíaña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil", con "Once Portas" gañou o Premio änxel Fole de Narración curta do Concello de Lugo e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con "Denébola a Roxa". Desde o 2011 compaxina a creación literaria coa corrección de orixinais para diferentes editoriais galegos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario